Eira XXIX : Santa Maria de Castrelo

 

Santa Maria de Castrelo
*

Pinheirales da ribeira,
que perfumades as vinhas,
na paz das augas do encoro,
à espera duma bonança,
que estoupe coa primavera.

Santa Maria de Castrelo,
num privilegiado outeiro
bicas as augas do Minho,
apertando a Sam Paio
pola man de Ventosela.

Nos outeiros, castinheiros,
nos teus vales, abidueiros,
tés salgueiros entras hortas,
onde cómprem os galheiros
para rodrigar as gáveas.

Polo mes de Marzo, as brisas,
chegaram coa nai dos ventos
e polo mes de Abril, as augas,
bordaram coa cheia de flores
as ermidas de Castrelo. 

🌟




Moradelha editora




Comentarios

Publicacións populares deste blog

Eira XLVI : Tremor

Eira XLVII : Primeira feira

Eira L : Hélio e Carina